fondosup
Casa O Trisquuel

Publicaciones O Trisquel

INDICE DE PUBLICACIONES:

Núm. 1.- MARTIÑO E O LOBO DE PENA TREVINCA (Cuento)

Núm. 3.- TOPONIMIA DEL NOMBRE "TREVINCA" (Estudio)

 

 

Martiño e o Lobo

1.- Descarga Zip

 

"MARTIÑO E O LOBO DE PENA TREVINCA"

Autor: Antonio Fernández Pena (Cholo)
Ilustracións: Eduardo Martín Pita

“Martiño e o lobo de Pena Trevinca” é unha viaxe a través da Rede Natura 2000. Tódolos contos transmiten valores, e este non a ser menos:

O valor de respectar a natureza.  
O valor de amala, porque ela nos da vida.
O valor de entendela, porque dela nos mantemos.
O valor de gozala, porque ela nos acolle.

A beleza da natureza está en poder imaxinala. Si les este conto vai imaxinando cada personaxe, cada paisaxe, cada cor, cada olor, vaino creando todo, deixándote levar pola fantasía.

Este libro é un agasallo do Concello de A Veiga e vai dirixido a tódolos meniños de A Veiga que aínda non coñecen Pena Trevinca para que cando medren recoñezan picos e pendos, ríos e regatos, árbores, flores e tódolos animais da serra e así poidan transmitir as xeracións vindeiras a importancia de conservar a natureza.

Tamén a tódolos nenos que queiran coñecer e conservar Pena Trevinca.

_________________________________________________

Toponimia

3.- Descarga pdf

"TOPONIMIA DEL NOMBRE TREVINCA"

"RAIZ Y POSIBLE SIGNIFICADO DE LA PALABRA TREVINCA"

Tras reflexionar sobre el topónimo Trevinca, nació el interés por buscar una teoría técnicamente mejor razonada, de que la raíz del nombre del "techo de Galicia" se asocie con la romántica hipótesis que la relaciona con la planta y flor de la Vinca minor L. (Vincapervinca).

Este pequeño trabajo se publicó en el año 2001 en la revista de la asociación TREVINCA de A Veiga (Xornal do Teito de Galicia), y en el número XII del año 2004, en "MINIUS", REVISTA DO DEPARTAMENTO DE HISTORIA, ARTE E XEOGRAFIA (OURENSE) UNIVERSIDADE DE VIGO.

Autor: Antonio Fernández Pena (Cholo)


.

Núm. 2.- AS MINAS DE WOLFRAM DE VILANOVA (Historia)

EN PREPARACIÓN:

Lenda de "A LAGOA DA SERPE" (Estudio antropológico).

 

Martiño e o Lobo

2.- Descarga pdf

 

"AS MINAS DE WÓLFRAM DE VILANOVA"

Autor: Antonio Fernández Pena (Cholo)

As Administracións públicas deben colaborar para rescatar, dar a coñecer, preservar e promover a nosa cultura, os nosos costumes e a nosa historia, que
conforman o noso patrimonio colectivo.

Espero que a súa lectura vos sirva para coñecer un pouco mellor o noso pasado máis recente, no que houbo no noso territorio unha actividade mineira, para moitos descoñecida e para outros esquecida.

A memoria dos veciños e veciñas que traballaron nesa explotación é un valioso patrimonio que se recupera con esta publicación.

Quero felicitar ao seu autor Antonio F. Pena (Cholo) polo traballo de investigación realizado e expresar o meu agradecemento a todos aqueles que achegaron os seus valiosos recordos que forman parte da memoria do traballo e que nos permitirán ter un mellor coñecemento do noso pasado.


A Veiga, outubro 2007
Fernando Fernández Yáñez
Alcalde do Concello da Veiga


Información Legal | Contacto | Telf.: (+34) 988 29 48 58 - 689 53 66 01
fondoinf